Elianinha xa voltou do seu paseo pola Europa do Leste, cargada de anécdotas, porque doutra cousa non, xa que os eficientes traballadores de algún aeroporto nas 1432 escalas que tivemos que facer na viaxe de volta perdeu as nosas equipaxes (Sofia, Roma, Madrid, Santiago, se ides por algún destes, a ver se a vedes: un trolley azul).
Se clicades nas fotos, amplíanse (misterio da tecnoloxía), dígoo porque así non ides ver moito. Este é o grupo co que fun: uns rapaces de Pazos (Padrón), curiosamente eu son de Pazos, Lestedo, eheh, e máis dous de Poio. Tamén están na foto os mozos e mozas que nos acompañaron na nosa estancia, uns búlgaros COJONUDOS. Porque esta viaxe foi realmente especial pola xente que coñecín alá, iso está máis que claro.
Por orde, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo:
Pavel, Oskar, Antón (Cakito, o meu "tutelado"), Camen, Irene, Eliana, Marina, Alitza, Maria, Brais, Che, Chiki, Ibán, Candela, Iva, Ruminia, Billi e Carlota.
A historia estivo moi ben, paseino estupendamente e creo que o tempo foi moi ben aproveitado. Sobre todo agradecer aos rapaces que nos acolleron, porque o trato foi estupendo. Pavel foi vítima dos meus cuestionarios interminables sobre historia, os superhomes soviéticos que estudiaba no meu libro de historia e os tópicos que sobre o comunismo teño. A parte de que fixemos unha boa amizade que espero que perdure, vamos: unha xoia búlgara.
Na foto faltan varias persoas moi importantes:
Radi e Zorina, dous currantes aos que maltratabamos obrigándoos a vir de marcha. Con Zori foi unha cousa incrible, moi boa conexión.
E falta Gorgi: un tío de puta madre, ao que lle vou buscar moza galega, que ademais xa sabe dicir unhas palabras en galego (do tipo: picachacona e tal...).
Esta é Elianinha na súa fase Fernández de la Vega, disfrazada dentro da mesquita de Sofia. Que conste que son unha privilexiada por poder entrar nestes sitios reservados para portadores testiculares. Os ortodoxos si que non me deixaron visitar os seus altares. Tamén teño unha foto de min disfrada no mosterio de Rila, pero paso de poñela, que xa vos rides de abondo.
Ver, vin moitas cousas, pero resérvoo para as miñas amizades, as que torturarei con sesións interminables de fotos (cando queirades quedamos, eh!). Debaixo, no local ao que iamos de marchuki, o Alcohol (bonito nome, eh...), fumando en cachimba, xa ves a cara de pracer, jajaja.
E na foto inferior podes comprobar como mundo é un lenzo: alí me atopo con Pascual, veciño de Lestedo. O bar atópase nunha caleixa, tipo Fogar do Santiso. Unha antiga corte de cabalos. Molaba.
E esta foto, se es muller, amplía, porque é unha DELICIA: á volta na escala en Roma, como tiñamos 5 horas, fomos dar unha volta pola cidade. Non che poño ningunha foto, porque de Roma tes un cento na rede. Agora ben, aí che queda Paolo, mamma mía, o condutor do minibús que alugamos para ver a cidade, ou para ver o que el quixera, porque iso non era un home normal, era un deus romano!!! Lástima dos deportivos, pero todo ten amaño.
Pois nada, aquí tedes un breve resumo da viaxe, bueno moito moito non resumín.
Que aprendín nesta viaxe? Que as persoas hai que coñecelas ben, no mellor e no peor, e os meus propios límites de tolerancia, e que un non pode fiarse das apariencias (en todo).
Xa che contarei máis detalles cun café. Se non me vou a Roma buscar a Paolo Paradiso, claro. Ai, porca misseria...
22 de agosto de 2006
Eliana en Sofia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



6 Non dis nada?:
earn money - tramadol cool blog :)
Pois que queres que che digha o Paolo pouco de Paradiso ten, será a miña manía aos italianinis pero é que non lle vexo o chiste... a que si que mola é a túa foto na mesquita, prea!! logo a que ten fama de proislamista son eu... voume chivar a pako dos teus plans para inicia-la yihad dende galicia...
sisisi...eu estou de acordo co de Paolo Paradiso por eso en outubro sairei na súa procura a Roma..donde dis que estaciona o seu bus?¿?¿?xa me contarás..
bikooos.
tania.
baaaaaah! abaixo paolo! demasiado "yosoyguapiniylegustoalasragazzas!", jajajajajaja.
se queres ir a buscalo a Roma avisame! con tal de que me levedes no bus pola cidade... :P
ata a noite rapasa!
cita as 11
Seguro que aproveitaches ben a viaxe. Véndote coa cachimba na man xa se disipan tódalas dúbidas sobre a túa motivación por visitar o país co nome de capital máis bonito do mundo! :D Algún día visitarei eu Bulgaria e preguntarei por Elianinha, que seguro deixou pegada! jejeejejeje.
gravame un CD coas fotos de bulgaria
un bico
Publicar un comentario en la entrada