Estes días, un compañeiro de traballo (de cuyo nombre no quiero acordarme...) chegou alporizado porque súa irmá pequena non sabía quen era o presidente da Xunta, atribuíndolle o honroso cargo a Sánchez Bugallo, alcalde compostelano.
O caso é que eu estiven dándolle voltas ao asunto, e onte cando cheguei á casa, á 1:15 da mañá, espertei a meu irmán cativo e díxenlle se sabía quen era o presidente da Xunta de Galicia. "Boh, non sei", repetíu as 14 primeiras veces.
"A ver, David, di un nome calquera, quen pensas que pode ser o presidente de Galicia", insitín.
"Non sei, ti?", dixo para que o deixase en paz dunha vez, "ti es a presidenta de Galicia".
En moita estima me ten este cativo.
9 de noviembre de 2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



9 Non dis nada?:
Eli, xa sabes a presentarse á Xunta por Ciudatans ... e acórdate como tes que saír no cartel.
XDDD
Eu estou totalmente dacordo coa proposta de Randeeira e ofrézome como produción ou o que faga falta, por falta de equipo non será!
estooo.... e unha consellería para min non habería?...
pregúntalle se sabe quen é o vicepresidente :)))
Casi mellor que non o coñezan. Total, pa o que hai que oir...
"A vicepresidencia de Anxo Quintana enorgullécese de comprobar os resultados da súa campaña de eclipsamento da figura do presidente da Xunta, algo no que a vicepresidencia de Anxo Quintana lle recoñece tamén parte do mérito ó tono gris e anodino do presidente, nada que ver co carisma e abraiante presenza do vicepresidente Anxo Quintana.
Vicepresidente Anxo Quintana, o vicepresidente que non esquecerás! Repite conmigo ANXO QUINTANA, ANXO QUINTANA, ANXO QUINTANA..."
boísimo!!! ains... xa me gustaría a mi que miña irmá me tivese a metade de estima... ;) un saúdo
Secundo a proposta de aparecer como o candidato de Ciutadans de Catalunya. Está visto que os espidos contan máis cós programas políticos. Hai que dicirlle ó señor Touriño que apareza espido para que os nenos saiban quen é o presidente da Xunta. Un saudiño
Qué poca importancia le dan nuestros niños a las autonomías. Es que tantos años de centralismo... Seguro que antes todo el mundo conocía el nombre del gobernador civil (aunque fuese para acordarse de sus difuntos más recientes).
Publicar un comentario en la entrada