
Vedra, Casa da Terceira Idade. 19,45h. Estrea de "Metus Extremus", por Andaravía Teatro. IV Mostra de Teatro Amador, Teatrofilia.
Se te atreves, pásate por alí. Non apto para cardíacos.
ACTUALIZACIÓN: Graciñas, Doutor Zerovacas. Esquecera dicir que será este domingo, 1 de abril.



22 Non dis nada?:
Cómo mola o cartaz!!!
Graciñas, a obra é miña...
Haberá que ir logo. E actúas tamén?
Estou dubidando entre levar un quilo de tomates ou unha ristra de allos ;-)
Home, claro que si. Pois eu caso prefiro que leves os tomates, senón que cheiro de allos...
Cando é? Hoxe?
Xa está, modificada, grazas Zerovacas. Será este domingo.
Vereite por alí? Arale vai seguro (obrígoa eu). Calidonia, espero que o domingo quedes a saudar e nos coñezamos, non coma en Boiro, que Sara máis eu quedamos coas ganas ;)
Reservaremos asentos para os blogo-asistentes?
Uf a ver se non hai compromisos, non garantizo nada...anque me gustaría, eh? :)
Por certo, non apto para cardíacos teñen que ser as cinco cancións para "facer o amor" "follar" "lo que sea" que che estou encargando que penses e postees :P
e se non é apta para cardiacos ir a unha casa da terceira idade non é unha temeridade? jejeje. por certo xa que onte pola noite estiven a ver non sei que premios de teatro unha pregunta: hamlet era tan boa?
Onde queda esa casa??? Apetéceme ir e como agora estou motorizada...Onde se pillan as entradas? Bicos mil
por certo, escribíchela ti??
Como chegar: se ves do centro de Santiago colle dirección Corte Inglés ata chegar a unha rotonda, aí sae na terceira saída posible, dirección OURENSE. Na seguinte rotonda á que chegarás torce na segunda saída á dereita con dirección Ourense, despois atoparás outra rotonda, e colles pola da esquerda de todo, con dirección Ourense por ESTRADA, pasas unha saída dirección Coruña, outra dirección Ourense AUTOESTRADA (esa non, que sae cara), e na terceira.
Despois continúas uns 13 quilómetros, pasas 2 gasolineiras, e chegarás a un sitio en obras, con algúns edificios que se están construíndo, que se chama LESTEDO (onde vive elianinha), será a primeira vila un pouco grande que vexas, pero pouco (Bertamiráns en potencia).
Ao final de Lestedo, verás a man esquerda un Cuartel da Garda Civil (recoñeceralo porque está pintado de verde Garda Civil), un edificio moi grande (un hotel sen rotular), e unha tenda de Tartas de Queixo (plato mundialmente famoso de Lestedo que che recomendo). Alí terás a posibilidade de torcer á dereita, un letreiro xa che indicará Vedra. Despois continúa todo o longo desa estrada, pasarás algo de monte, e chegarás a ver casas. Cando a man esquerda vexas unha farmacia, un pouco máis adiante terás unha farola grande, e deberás torcer á esquerda.
Continúas, e terás a man esquerda unha libraría (Avenida, creo que se chama) e a Biblioteca Municipal (pintada de colorinchos). Despois da libraría torce a esquerda, e verás un colexio a man dereita e un polideportivo á esquerda, entre o cole e o poli está a Casa da Terceira Idade. Alí é a Mostra de Teatro.
Imprime estas instrucións, e que o copi che vaia lendo, jeje.
Espero verte por alí, Arale vai ir (chámaa se tal e quedades). En caso de que vos perdades preguntade, que daredes sen problema.
Ai, canta xente imos ser!!!
Ah, e a obra non é miña, é de creación colectiva do grupo. É un rollo raro, así que a ver que tal encaixa...
Raro! xD. Boa definición... Que nerviosismo!! A ver que sae, porque estamos verdes, verdes...
Anus habemus ergo metus habemus.
Soa ben. Sorte.
Besbe, teño que pensalas...
Tremenda explicación! :-D Máis ou menos cae por aquí, non? Confirme, en beneficio dos que temos tendencia a perdernos. Somos uns perdidiños.
exactamente, calidonia, o q pasa é que non sei colocarlle a frechiña, teño que miralo na casa, con calma. É o edificio detrás do gran teito branco (o polideportivo). Graciñas pola aportación, Calidonia ;)
uffff, vexo que en lugar de sair o sabado pola noite imos ter que ir durmir á casa da Terceira Idade para facer cola para as entradas...jajajajajaja.
A ver se podo chegar. Ese día vou a Vigo, a ver se chego
Sinto non ter podido achegarme até VEdra onte. Tiven que ir buscar a meu irmán ao aeroporto de volta dunha viaxe e xa non chegaba a tempo.
Síntome en débeda con tod@s así que, por favor, non deixen de anunciar no blogue de papaventos ou nos persoais as vindeiras actuacións.
Espero que todo correra óptimo. Saúde!
Eu vina!!!!! Encantoume!! foi a que máis me gustou do ciclo de teatro da USC!!!
Os actores son xeniais
Un bico
Publicar un comentario en la entrada