
A mellor xeira de xornalista loiras, Paco e Raquel, e os mellores amigos do mundo.
Non che recorda a outro momento?
Unha das mellores curtas do festival, na sección do jalpón friki. Sara Jess, Pepa, Miguel e Pepe, todos uns peazo de artistas.Cheguei de Cans. Estou na miña casa, e teño que dicir que non era o que me esperaba.
Fuxín das eleccións, e dende o Hotel Internacional retransmitía o Festival de Cans para Xeración. Agora, que cando cheguei a Porriño pensaba que a historia ía ser moi diferente. Paseino en grande, Cans é unha superfesta do cine: vin mogollón de pelis, tiven a oportunidade de falar con directores e realizadores, actores e veciños de Cans. Pensaba en min, tumbada na terraza, cun daikiri, a josar do cine.
Pero o que non contaba era con que dese tanto traballo, que veño escarallada. Onte, por exemplo, comecei ás 10 da mañá, ás 00 horas remataba a entrega de premios e ás 4,30 horas lograba meterme na cama, despois de pasarme un día correndo de chimpín en chimpín, de jalpón en jalpón... gravadora, cámara e libreta en man. Eu que pensaba que era todo glamour e dolce vita... Non houbo maneira, vamos que necesito agora unhas vacacións. ;)
Pagou a pena. Foi divertidísimo e moi interesante. Un contacto cara a cara co máis experimental do audiovisual, coas novas ideas e cos novos talentos.
Veño encantada do que vin, sobre todo dunha das curtas: As cousas do Kulechov. Nunca volverei mirar as bateas do mesmo xeito. Para min, a mellor curta de todas. Porque aínda que algúns non se deran de conta, en Cans fálase de cine: non somos paletos que poñen películas entre as ghaliñas.
E para o ano, que Cans conte comigo, que alí estarei.
Especial de Xeración Web do Festival de Cans.





8 Non dis nada?:
Exhaltación da ledicia. Xa se che vos notaba cando vos colleu por banda a entrevistadora do Extrarradio tomando o penúltimo vermú antes de porte a escribir isto :-D
Gracias por esa espectacular cobertura do festival! Foches sen dúbida a xornalista que máis e mellor currou. Segue así e poñémoste de candidata a un chimpín de prata...
E o de CQC, tendo en conta as cousas e os personaxes que gravaron, puido ser moito peor.
Bicos!
Peláez con gafas novas e traballando coas últimas tecnoloxías!! Iso si que é traballar un personaxe, ademais dun personaxe traballando XD!!
Teño que ler con calma o artigo pero encántame esta proposta de Cans e Chimpíns
Calidonia, é o que ten ter unha amiga de reporteira dicharacheira no Extrarradio, que me reserva os meus minutiños de fama. Pero pensei que non me recoñecerían... ;)
Moi, grazas a vós por todo o que fixestes por min. Eu vin encantada, e alégrome de que che gustase o traballo en Xeración. Alucinei co voso traballo en Arela, tedes toda a miña admiración, de verdade. Estou contentísima de ver que a vida cultural deste país está tremendamente dinamizada por asociacións culturais que curran tanto coma vós. Unha organización sobresaínte.
Sara, que queres que che diga, a min parecíame máis entrañable aquel micro grande, e máis as gafas de pasta no canto desas de arame. Eu, xa sabes que son unha actriz do método.
Roi, moitísimas grazas pola visita, e espero que che interese o contido que elaboramos sobre Cans.
Xa te nomeamos cronista oficial do Festival de Cans, compróbao na páxina de inicio de www.festivaldecans.com.
Ah! E vouche devolver a pelota (pero en serio, por suposto): como vedrés consorte, teño que dicir que Papaventos e o festival de teatro que facedes é un exemplo do que se pode facer de bo dende a periferia cultural deste país que xa por si está na periferia. Porque máis atención mediática non significa máis talento...
Apertas!
Eu tamén andei polo festival pero non mirei ningunha película. A ver se para o ano...
Moi: o mellor cada vez estou máis convencida que anda polas periferias. Grazas polo peloteo mutuo.
Leo: pois non te vin eu por alí, que lástima. Aínda que hai moita festa e é moi tentador andar de parranda e pasar das pelis, eu recoméndoas moito, aínda que non teñas entrada, pasarte polo jalpón friki (malia que sexan cubertos de uralita que sufoquen un pouco). Hai cousas sorprendentemente boas.
Publicar un comentario en la entrada