14 de junio de 2007

Festa blogomilleira


Recollo a proposta de Calidonia: montar unha festa retro do blogomillo.
Por proximidade propoño Compostela, aínda que se alguén se anima... Calidonia fala da fin de semana do 24, aínda que eu véxoo algo complicado, viríame mellor a fin de semana seguinte.
De todos modos, aquí deixo aberta a convocatoria. Gustaríame saber quen se apunta, ideas, década a escoller, locais a propoñer, datas e esas cousas.
Aproveitando o rexurdimento dobarrista, o rollo yeyé e tal, creo que é un bo momento para montarmos un guateque retro do blogomillo.
E nada, aí lanzo a idea. Se che apetece, difunde a mensaxe divina e a ver que sae.

17 Non dis nada?:

Fer dijo...

Chuzado!

ghanito dijo...

o da festa mola mil, o que mola menos é convocala en Compostela habendo outra rachí convocada o mesmo día na Coruña ;-)

Zerovacas dijo...

pois ou ben se unifican as convocatorias, ou facemos sesión dobre, outro día en Compostela ou Vigo

Elianinha dijo...

Pois non tiña nin idea da convocatoria de Ascárida, pero a min venme moito mellor a última fin de semana de xuño. Todas as miñas desculpas.

besbellinha dijo...

pois a última de xuño teño voda o sábado :/

Arale Norimaki dijo...

Besbe, e logo podes ir de reengache a unhas opos e non a unha voda?! de loka a voda y tiro...
Eu tamén preferiría a última, ademáis a finde do 24...toca outra caste de retro (avisa se hai mudanza de plans) XDD

Elianinha dijo...

Despois do lío todo que se montou, entérome (para o meu alivio) que Calidonia falaba do 25 xullo, non deste mes.
Menos mal, porque me metía nun embolado algo heavy.
Si, arale, por retro refíreste ao concerto de Los Suaves ;)?
Estiven consultando o calendario daquí ao 25, e claro, comezamos cos festivais: ortigueira, caldas, e chega o festigal. Antes vai ser complicado montar unha quedada en Compostela. O que se me ocorre é que no canto da festa retro, cambiar a temática e quedar nun dos Festivais, no Cultura Quente creo que é o máis cómodo. E senón, penso que a última finde de xuño é a mellor para quedarmos na cidade.
Entón a miña proposta é:
a) último sábado de xuño en Santiago.
b) Caldas, sábado 14 de xullo.

gustavo harvey dijo...

dios mio de mi vida, virgen del amor hermoso

elianinha, ti pom a data que já iremos os que tenhamos que ir... tanto rolho nem tanta ostia, a ver se o dia que cases polo civil ou polo ritual polinésio tens que fazer cinco ou seis cerimonias pra que vaia todo o mundo ao evento, ver pra crer!

além disso o da festa do 23... está visto que como nom sejas da elite chuceira nom te enteras porque ao lumpem proletario nom se nos informa de nada, será ao final que nemigo tem raçom e nom sodes mais que umha secta? pois que tristura dior mio!

besbellinha dijo...

arale que nas opos (que por cier non aprobei) tanto tiña ir coa cara demacrada, pero á voda...que dura é a festa por dios. Que sexa o que teña que ser, que aínda queda algo de sacrificio no corpo.

E por certo, moi boa idea.

Mariquiña dijo...

Nooo!! A última fin de semana de xuño non que faltan dúas blogomilleiras moi chachis que se van a London, XD

O 7 de xullo mellor!!

Elianinha dijo...

Vale, entón 3 findes posibles:
a) última finde de xuño (30) en Santiago.
b) finde do 7, os que non estean en Ortigueira
c) Caldas, finde do 14 de xullo.

Cada quen, que diga que finde e día lle presta máis.

Calidonia dijo...

O 30 de xuño son as festas do Bairro de San Pedro (e non están as musas :-D )

O 7 de xullo é San Fermín e San Toñito Campo de Ortigueira (y Pocholo)

o 14 de xullo é a festa nacional francesa (e hai Tour do noso compatriota Pereiro)

A min válenme todas, ok?

Ra dijo...

Qué bien, pero qué bien pinta...espero que haya crónica, para los que estamos lejos. Bico, Eli

Arale Norimaki dijo...

A min vaime mellor o 30 de xuño e o de San Pedro é un puntazo, o 7 e o 14 aínda non sei se terei q ficar ou se me darán permiso pra escapar uns días ás terras de ripiau.

PD: E logo Yosi non é retro?? ;)

Elianinha dijo...

Viva Yosi!!!

besbellinha dijo...

ampf eu voto polo 7 de xullo, san fermín!

Zerovacas dijo...

Eu propoño 30, 6, 7, 13 e 24. Que non se diga da capacidade de aguante da xuventude.

O 30 non me ven mal, penso (pero hai por hai unha excursión pendente a Baiona, que non sei se se fará esa fin de semana). 6-7 é Ortigueira e a festa do Cineclube.