20 de noviembre de 2007

Cans e gatos

Este é o meu cativo. Chámase David e ten 13 anos. Gústalle Pokemon, Dragon Ball e todas as series xaponesas que a min me horrorizan.

De grande quere coñecer ao auténtico chino Cudeiro, que cada fin de semana ve nun dos seus programas favoritos, Humor Amarillo.

Come as mesmas galletas ca eu tomaba de pequena, e só nos gustan as tortas de chocolate.

Encántalle quedar durmido escoitándome ler algo, aínda que sexan apuntes para un exame. Sempre ten os pés quentes. Agradece que teña cds de Skape e de Herdeiros da Crus.

Sabe gardar segredos como moi pouca xente. Berra comigo cada vez que marcho de troula. Quere que teña unha casa cerquiña da súa, para irme ver todos os días.

É fan de Harry Potter. Gústalle o teatro e os espaguetis. E sempre anda descalzo cando está en Almaça. Somos incapaces de estar calados. Ás veces confésame que me quere moito e que está moi orgulloso de min.

Unha das súas actividades preferidas é ir cear croca e ir aos bazares chinos. Non lle gusta Anatomía de Grey, facer deberes nin poñer a mesa.

Un día descubrín que comezara un blog, pero teno abandonado.

Ten as mans grandes, e gústalle cando cociño eu, salvo cando se me dá por innovar e fago pizza de polvo e chocos, por exemplo. A Nocilla é para el unha forma de vida.

O outro día, en clase de teatro, tivemos que buscar un momento onde sentísemos moita tenrura, xa que estamos traballando as emocións. Eu recordei o primeiro día que el chegou á casa. Era un 15 de agosto, e había unha luz especial. El era pequerrechiño como un garavanzo, e tiña ese olor dos bebés que é tan especial e tan bonito. Eu deiteime ao seu lado, e estiven mirando para el horas e horas, sobresaltada por cada ruidiño que facía, cada respiración. Era o neno máis bonito do mundo.

Pero agora está triste. Onte descubriu que era alérxico a basicamente o mundo que o rodea, como algunha outra. Chamoume e díxome: "Eli, son alérxico aos gatos e os cans". Os animais son a súa paixón, onde radica a nosa maior diferencia. Isidoro é o noso gato, o gato máis gordo do mundo. "Dixo mamá que quedamos con Isi, pero que non o podo tocar. E para que quero eu un gato se non o podo acariñar?". O michiño tamén o vai sentir.

Este é o meu cativo.

12 Non dis nada?:

Ra dijo...

Pero qué post más tierno...(pues no que se me han saltao las lágrimas...!)
Besotes gordos como Isidoro, Eli.

Anxo Caído dijo...

Se non fose polo Proxecto Ludovico, eu tamén soltaría unha bágoa.Un ten o seu corazonciño-aínda que ás veces pida unha excedencia-.

Le_freak dijo...

...alérxico ao mundo que o rodea... cantos non somos así?

Arale Norimaki dijo...

Ais coitadinho!! Dille que ten todo o meu apoio moral e que as veces as alerxias curanse soas, que van por epocas, asi que se se coida agora e posible que nun tempo poda achuchar a Isidro como sempre. Ah, e dille que o de ser alerxico tenche un toque de exotismo que xa lle gustaria a moitos (si, seino...no se consuela quien no quiere...) e amais eche un tema moi socorrido pra rompe-lo xeo e manter conversas superficiais e totalmente irrelevantes ;)
Beijocas pros dous!

lu dijo...

Pobre pitufo! (creo que me odiaba cada vez que llo chamaba... jajaja) Sí que é adorable teu irmán. Aínda non lle cambiou a voz? :D
Bicos!

Mística dijo...

Eu creo que se me dixeran que son alérxica ós cans e ós gatos achucharía a Lenichán igual. A miña alerxia empeoraría, pero non me imaxino sen animais na casa. ¿Que está facendo a persoa que atopará a vacina contra as alerxias ós animais? Estudando (iso espero...)

Boto de menos ter un irmán...

torredebabel dijo...

as alerxias non sempre son para toda a vida. Eu de pequena fun alerxica case a todo e agora -como ando liada co traballo e a vida- e non teño tempo para ela, pois nada... non son máis alérxica. Dille que non perda a alegría que as alerxias pasan e a ledicia queda.

paideleo dijo...

Sempre é triste querer e non poder. Quizais hai sorte e pásalle a alerxia esa.
Por certo, esta é a primeira vez que leo iso de croca. Para que vexas que contigo tamén se aprende.

Un saúdo para os dous.

Zerovacas dijo...

É adorable. Un saudiño, Eliana

Roi Buligan dijo...

Cando empecei a ler pensei que era teu fillo pero non me cadraba pola idade hehe...eu tamén son tremendamente alérxico pero non aos animais que me encantan aínda que non teño. A vida antihistamínica tamén ten o seu aquel...

gustavo harvey dijo...

Saudade do meu irmãozinho e isso que sempre renego da família e tenho-o abandonado, aguardo que algum dia saiba perdoar-me, seria o melhor agasalho que nunca ninguem me fizera!

Que adorável és condenada!!

Beijos!

Elianinha dijo...

Pois si, é superriquiño!!! Grazas por estes comentarios tan bonitos que me deixades aquí. Bicos para todos e todas.