A semana pasada alguén me preguntou qué quería ser de maior, a qué tiña pensado dedicarme. Entón caeu sobre el a furia dos deuses. Porque non hai cousa que de máis mala ostia me poña ultimamente que que me pregunten a que aspiro nesta vida. "E logo o do Xornalismo...?".
Así que non me preguntes por favor, de qué quero vivir de aquí a... fin de ano. Porque non o sei nin eu. Polo momento, estou feliz, que non é pouco.
Do que non se me pode acusar é de estar parada. Estou choiando nun sitio, sen deixar de choiar noutro, e ao mesmo tempo estou indo ás clases sen deixar o teatro. Onte, unha compañeira de teatro díxome que eu era desas persoas que se tiña dúas horas libres se agobiaba.
Se no te moves, caducas, dicía un anuncio, e para min é así. Comezo unha semana de vertixe, un mes máis ben, sobre todo pola cantidade de funcións que temos por diante. Despois de actuar onte no impresionante Auditorio de Vilalba, chegamos a unha das datas máis agardadas polo noso grupo de teatro. O día 8 (este sábado) ás 21 horas representaremos Metus na Aula de Cultura da Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde) en Compostela, dentro do Festival Agustín Magán. Quen nos falta? Pois Sara e María, que andan polo estranxeiro, ás que botaremos moito de menos, e Alfonso, que tamén andará traballando.
E non me valen excusas de "é que o sábado estou liado" ou "é que ía marchar de ponte", nin nada diso. O 8, ás 21 horas, na Fundación Caixa Galicia (entrada de balde), tes unha cita.
Se non podes vir aínda tes as seguintes datas para redimirte:
- 7 de decembro, 21 h., Brión
- 9 de decembro, 18 h. (creo), Antas de Ulla
- 22 de decembro, 21 h., Rois
- 23 de decembro, 20 h., Mugardos
- 13 de xaneiro, Boqueixón
- 2 de marzo, Ferrol
26 de noviembre de 2007
De compromisos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



7 Non dis nada?:
Xa merquei uns billetes para ir a Barcelona o venres :((
De verdade...
:) Sei que este ano non é o Principal, pero agardo que disfrutedes tanto da función no Magán como o ano pasado, máis aínda cando o gañastes a pulso (non é pa menos!).
En 20 días estamos aí con todos vós e, namentres non poidamos dicírvolo en persoa... moita merda!!!
Pois non sei como tes tempo para escribir no blogo.
Ah, teño compromisos todos eses días.
;)
Oh! :") Que bonito! E que ben o ides pasar! E que ganas de vervos! Aperta colectiva xa!
Merd beaucoup!
É que o sábado estou fóra. É que ía marchar de ferias... ;-)
Sorte e diversión!
O blog é unha liberación. Propúxenme que hai certas cousas que me gustan e que non podo deixar de facer, entre elas o teatro e manter o blog.
Que xente máis comprometida hai aquí, non? Unhas que xa nin veñen estudar porque seica que andan estudando de Erasmus (que dende cando estudan os erasmus, que ninguén o cre), os outros todos de viaxe... Para que despois digan que non nos comprometemos. Tereino en conta. ;)
Polo menos, pasádeo ben. :)
como te entendo!!! por que a xente se empeña en saber o que queres facer coa túa vida, eh??
:(
Publicar un comentario en la entrada