Dedicamos pouco tempo a buscar en nós mesmos. A atoparnos. A fedellar no máis íntimo até descubrir o que realmente levamos dentro.
Por iso me chamou tanto a atención ela. Era unha muller normal nun coche normal un martes normal. E por uns segundos ocasionou un pequeno colapso circulatoro nunha rúa minoritaria da cidade de santiaghiñomevaia. Esa muller que deixou quedar o vehículo no medio da rúa porque nese mesmo intre atopouse en si mesma.
Poucas veces profundizamos tanto en nós mesmos, con tanto interese como cando estamos atrapados dentro dun coche. Non hai prospección con tal afán no ser humano. Só hai algo que chega a ser minimamente semellante: cando buscamos tesouros nas praias durantes as tardes de domingo cálidas e infantís.
E o pracer é máximo cando un atopa o que buscaba, igual que aquelas moedas de 500 pesetas que constituían o triunfo entre as areas.
Por iso aquela muller quedou bloqueada no medio da rúa, co mirar perdido e o coche parado. Porque cando un se dá de conta de que esa introspección foi frutífera, non é tan sinxelo reaccionar: que ía facer ela con aquel moco pegado na man?
26 de diciembre de 2007
Introspección
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



8 Non dis nada?:
Que razón levas! De tódolos xeitos, poida que tanta introspección provocase o caos na cidade...
Bicos!!
Se tod@s nos introspectáramos un pouco mais, seguro que a comunicación (aínda que se cadra non o tráfico) sería mais fluída. Esa é unha das cousas que mais me gustan de conducir: é unha actividade que esixe certa atención, pero ao mesmo tempo podes pensar nas túas cousas. Un pouco como facer limpeza:)
P.D: coido que xa chegou o convite, en calquera caso, contamos contigo na blogoesmorga compostelana do día 11. E feliz ano;)
Unha bóliña xeitosa para tirar ao chan.
Feliz 2008.
Todos pensamos que temos os cristais dos coches tintados. ¿Quen non foi pillad@ cantando como unha singer star mentres a xente da rúa queda mirando para ti?
Fantástica reflexión persoal-mucosa, por certo...
Feliz 2008 Eliana
Feliz 2008.
Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!
Ao final non puiden ir ao Omega. Que tal estivo?
O anuncio de Seat e Shakira desvelounos que non eramos invisíbeis.
Feliz aninovo a todos.
Raíña: vémonos o 11 sen dúbida.
Publicar un comentario en la entrada