Pois aquí me-ando, na cama, e enferma. Teño gastroenterite (outra vez). Debe ser que como certo robot marchou para os USA e asumín o seu papel de ciborg insano.
Así que en plena época de exames e con mogollón de traballo ás costas, volvo apañar o virus maldito que me deixa feita polvo durante unha recua de días. Levo así dende o luns da semana pasada.
Intentei curarme pola vía tradicional, rollo sanote de herbas, infusións e así, pero cando me dei de conta de que me pasaba o día pedindo "dame veneno que quiero morir, dame veneeeno", pois optei por cambiar e recurrir á miña doutora de confianza. "Tes sensación de estar embarazada?", "pois igual si, aínda que...", e deume un xarabe que me quita as náuseas, aínda que con efectos secundarios: somnolencia. Durmo polas paredes. Durmo. Durmín toda a mañá, e boa parte da tarde de hoxe. Durmo pola noite. Durmo esperta. Constantemente.
Outra doutora da miña confianza, é o que teñen as amizades de mamá que son médicos, alarmouse, coma min, ao ver que outra vez estaba con gastroenterite, e deume un novo diagnóstico: gastroenterite cuadrimestral. Porque a anterior foi en setembro, e a outra fora en maio. Curiosamente, o ano ten doce meses, perfectamente divisible por 4, así que igual que o curso universitario, terei gastroenterite por cuadrimestre, aínda que non terei as vacacións, claro. Xaneiro, maio e setembro, en época de exames ou case. Que diría House deste cadro?
O caso é que despois dunha semana sen poder comer unha verdura, unha froita, tortilla... ben, sen poder comer case de nada, estou delirando. Esta tarde, durante a miña primeira sesta, soñei que estaba nun restaurante, e comía chourizos asados con augardente, e peixe, chipiróns, patacas, pemento... e lía a carta unha e outra vez. Despois tamén tiña que facer de figurante en Mar Adentro, aínda que creo que iso era máis ben unha asociación entre o meu desexo de morrer pola dor de tripa e a temática da peli. Por certo, que utilizaban unha escaleira feita con 21.500 bolsas de plástico, por non sei qué da acústica. Trucos de dirección mental.
Vamos, en resumo, que estou delirando. Moito deliro.
27 de enero de 2008
Delirando
Etiquetas:
avatares,
comida,
oompa loompa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



10 Non dis nada?:
Xa pensaba que a gastroenterite fora por tomar marisco en mal estado (que sei eu... navallas?)
Mellorate pronto, un bico!
(queda pendente o pendente, you know)
Oes, oes, que eu non deleguei doenzas en ninguén, a ver que vai ser isto!! É máis, vivo baixo grandioso acongoje, posto dende que pisei novo mundo os síntomas de úlcera reapareceron cunha velocidade e intensidade fascinante e eu non quero perder outro salario, que ainda me están investigando os do seguro médico (si, si "investigando", asi tal cual mo dixeron cando reclamei os cartos que ainda non me devolveron).
Levaba duas semanas a tés e a comidas caseiras. Alimentarme no comedor ou en calquera restaurante é xogar a ruleta rusa. Ate que, para máis inri, antonte unha gringa analfabeta botou litros de leite de vaca no meu "SOY latte" (algo asi como un caspuchino frouxo con leite de soya) e entón morrín moito e desde ese dia alimentome exclusivamente de arrosito e caldo sosirmo (porque nos roubou a sal algún desaprensivo).
Iso, que non deliro, pero, créme ben cando che digo que TE ACOMPAÑO EN EL SENTIMIENTO.
Animo rula!!
mmm... que morbo, a boneca asasina con furriqueira...
Coídate moito!!!!!!! É horrible estar enferma. Hai case dous anos a min atacoume un virus tremendo que me viña cada 15 días. Estiven con el 3 meses e os médicos o que dicían era que non hai cura para os virus. Ó virus sumábase a miña anemia crónica que ataca tamén cada cuadrimestre se me descoido. Obviamente quedas feita unha merda, neses casos eu tamén pido morrer (aínda que non soño con ser figurante en Mar Adentro, a min perséguenme mafias rusas ou asasinos famosos das series da tele...). Como Arale eu tamén te acompaño no sentimento, un bico grande e ánimos!!!!!! (a min as doenzas non me joden os exames, sempre as vacacións e as fins de semana)
o último día que te vin xa tiñas millor cara..:D
espero verte prontiño e fora da facultade...aggg merda de exames!!!
pois quem sabe se ao final da enfermidade, tens material para um livro de contos ou similar...
Ai, pobre! lendo o post case me entra fame a min, non me estraña que soñes con comida.
Espero que non che pase cada catro meses porque é un fastidio, mellor levalo con calma e non pensalo. Cúrate axiña :)
Iba a decirte "toma Couldina", pero claro eso é para a gripe, non sei eu si para a gastroenteriti tamén funciona, vai ser que non. Así que, para consellos, a outro lado, que eu non dou unha. ´;D
Un saúdo e recupérate.
guapa, que mellores pronto e tranquila que non deliras, non. O que pasa é que, como ben dixo Freud, os soños son realizacións de desexos inconcientes. Bueno, cando menos a parte da comida, que do outro...
Que noxo non poder curara as enfermidades meis coñazo, gripes, gastroenterites e cousas desas. Eu creo firmemente nun complós maligno das farmacéuticas porque a Couldina e o Sueroral dan moita pasta. Ánimo e caña ao virus;)
Publicar un comentario en la entrada