
Esta é a miña última incorporación, trátase dun bonsái Serissa Phoetida, que aínda que parece pequeno xa ten 9 anos.
Estou moi contenta, porque en primavera xa me toca podalo e despuntarlle os brotes. Teño que ir mercar fío de cobre para darlle unha forma ben bonita.
Por iso ben sen formar, recto, porque quen mo regalou sabe que a min gústame darlle a forma que quero. Teño que buscar o libro, para lembrar como se facía e a ver se me sae ben. Tamén teño que peitearlle as raíces, e darlle mimos. Para que un bonsái vaia arriba, ten que haber un vínculo especial entre un e a árbore.
Chega un 29 de febreiro, e non é casualidade: é o risco que ten namorar en ano bisiesto.
Teño que poñerlle un nome, se tes unha proposta, adiante!
29 de febrero de 2008
Nun 29 de febreiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



8 Non dis nada?:
celébrase de catro en catro!
fermoso agasallo!
Joyeux aniversaire!!
Ostras, descoñecía que che gustasen os bonsáis. Igual que o admirado señor Miyagi!
Xa podes estar contenta porque o agasallo éche ben bonito. A mini-boneca non lle quita ollo.
A mini-boneca máis que non quitarlle ollo, semella que lle ten medo...
Por aquí dicimos Bonsaichán
que nadie se meta coa miniboneca eh!! jajajaja, que ben feitiña é e ben recta ten a quen se lle manda :P
non hai mellor regalo de aniversario que un bo prato de filloas eh rapaces! ;)
que recordos!
bicos a moreaaaas!
Eu regaláralle un olmo, a un, unha vez. Xa o dei bautizado, chamábase "Estocolmo" (é o que ten ser rubia). Non sei se segue vivo. O olmo digo.
Quen é tan esixente cos pequenos detalles é máis flexible (como Xunqueira axitada polo vento) para resistir os grandes problemas (proverbio chinés que me acabo de inventar agora mesmo a todoacien)
bo día pra namorar
Publicar un comentario en la entrada