7 de febrero de 2008

Pizza Yeyé

O martes de Antroido, como non podía ser doutra forma, disfrazámonos na casa e estivemos toda a tarde de cociña. Pero como a min o do cocido e as filloas non se me dan ben, o cativo máis eu fixemos o que sabemos e o que nos mola: unha pizza. Pero currada, destas que fas a masa e todo, nada de bases conxeladas. Aínda así, innovamos pouco, porque o cativo non me deixa experimentar (o de botarlle berberechos, choquiños e polbo á pizza non lle molara nada).

E fixemos unha pizza temática: unha pizza yeyé, que é a que fas vestidos en plan Escobar&Conchita Velasco, con música de fondo. A idea veu porque atopamos un cd de música francesa dos 60, e andabamos todos emocionados facendo a mona.


(Debe ser o único videoclip dunha canción adicada a unha moto, na que a moto non se prende en momento ningún)
Nisto que pasou por alí meu avó, que é un señor que emigrou á França con 12 anos onde viviu máis de 30, e quedou pillado escoitando as cancións, e díxonos que volvera 50 anos atrás. E pregunta, "Tendes algo de Françoise Hardy?", "Pois non sei, non creo". E aí entroulle a vea farruca, e díxonos que fora a súa moza anos atrás, díxonos ata a rúa onde ela tiña o seu piso cando era estudante de artes, que era moi guapa, aínda que agora ía vella e xa non lle prestaba tanto.
E de repente, xa estaba a fase galán de meu avó esquecida, cando comezou unha canción que fixo que unha lagrimiña lle escorregase en silenzo. É bonito, así contado, pero que saibas que este ramalazo teatreiro a min venme na xenética de algún sitio, eh.

6 Non dis nada?:

O Nadador dijo...

O teu avó chámase Alain Delon?

Bautista dijo...

Pizza de berberechos???

Marla Singer dijo...

Imaxina que a túa avoa fose Françoise Hardy, iso impulsaría aínda máis a túa carreira profesional!!

Fai pouco descubrín que Joaquín Cebeiro (pepeísta ata que Conde Roa o largou das listas) e o seu irmán o corredor de rallys que morreu hai semanas son familia lonxana miña! Meu Deus! A única Cebeiro da miña familia paterna que é unha muller de honra é a miña bisavoa Isaura, o que saleu despois (seguro que o cabrón que a preñou e logo marchou era un cafre do demo) é para facer un animalario (incluida eu que salín traumatizada).

Oes, isto que non salga de aquí, que a miña reputación vai ó carallo...

Zerovacas dijo...

meu avó ía canturrexando tangos pola rúa

lu dijo...

Buscate una chica, una chica yeyé,
que tenga mucho ritmo y que cante en inglés, que tenga el pelo alborotaaaaaaaaado y las medias de coloooooooooooooooor, una chica yeyé, una chica yeyé, que te compreeeenda como yooooo!

Elianinha dijo...

O da pizza de berberechos pertence ao pasado, pero xa mo deixou claro o cativo: os berberechos e zamburiñas para a empanada, na pizza xamón e queixo e punto pelota.

Meu avó ten moito de fantasma, ollo, máis ca min incluso!