18 de marzo de 2008

Pechado por vacacións

Había mogollón de tempo que non tiña vacacións, así que esta Semana Santa hai que aproveitala.

De aquí ao domingo, pechamos por ferias, que imos de paseo ao País Vasco, a gozar dunha oferta de internet. O malo é que ten toda a pinta de chover.
E xa alí, podería subir ata Francia, pero aínda teño algún problemiña pendente coa xustiza gala, así que imos deixalo para máis adiante...

7 Non dis nada?:

Calidonia dijo...

"problemiña pendiente co xustiza gala" :-D

Rompo.

Que teñan boa viaxe!

tangaranho dijo...

Pois a ria de Bilbao com chúvia, pode ser um bom espectáculo plástico...

lu dijo...

Pasao beeeeen! eu chego hoxeee!
ata pronto!
bicos!

Zerovacas dijo...

Non se pode adiantar unha historia tan suxestiva e despois non contala. Esiximos explicacións sobre os teus problemas coa gendarmerie!!

paideleo dijo...

Vaia, vaia: non tratarias de vender a torre Eiffel a algun turista despistado, non ?.
Desfruta das vacacions.

Elianinha dijo...

O meu problemiña coa xustiza gala ven da época erasmus: teño unha petite multa (agora vai máis alá de 300 euros...), por colarme no transporte público. Pero como lle expliquei aos controladores -que humillantemente me engancharon como se fose unha delincuente común, impedíndome que baixase do tranvía-, a bolsa dos erasmus é moi cara, e pagaba uns 300 euros de alugueiro só por un estudio compartido, e o aceite de oliva era un ben de luxo, de 4 euros para arriba. E como foi xusto o último día antes de saír de Burdeos, pois deixeille a causa pendente (3 meses delinquindo, e por ir ver unha exposición que ao final estaba pechada...). O caso é que agora mesmo emprenderon "porsuites judiciaires" contra min (mon dieu!) e no momento en que pase o meu dni por alí terei un pequeno follón e un gran burato económico.

Ate que prescriba, non poderei tomar café coa bruni, vamos. Tampouco é tan suculenta a historia, pero foi moi divertido cando me engancharan os axentes e non me deixaban baixar (un maromo por cada lado), e eu dicíndolle que tiña cita no médico. Vaciei o bolso finxindo que buscaba o ticket, cunha estratexia de esgotamento (os meus bolsos van preparados como kits de supervivencia), pero nada, resistiron como irredutíbeis galos.

En cambio, como aprendín, eu Bilbao xa non me colei en ningún medio de transporte. Eu con medo á chuvia, e ata nevou e todo!

xorna dijo...

pero como lles diches o teu dni? a un amigo meu pasoulle o mesmo en burdeos e díxolles que se chamaba eduardo pondal, e a súa amiga, isabel pantoja...