10 de junio de 2008

- Ola, Eliana.
- Ola, Dios. (en soños non hai por que ser normativo) E ti por aquí?
- Nada, veño a concederche un desexo.
- Ai, si? Así, pola cara?
- Si, veño a que me pidas un concerto.
- Un concerto... de quen eu queira?
- Si, pero veña, vidiña, que teño máis que facer.
- Ok... pois quero... Que che parece un con Iván Ferreiro e Deluxe xuntos?
- Vai, e de agasallo van Fanny+Alexander, Quique González e Som do Galpóm.
- Que ghuai!!! Xa podían vir os Homens tamén, non?
- Non abuses, anda...

4 Non dis nada?:

frenchchou dijo...

Carai! Iván Ferreiro e Deluxe xuntos... os soños duns poden ser os pesadelos doutros... Non é o meu caso, eh!, que ni fu ni fa: non me acordo deles nin durmido nin desperto.
Unha aperta!
Ah, e visítanos cando queiras en acasadaulla.wordpress.com

Anónimo dijo...

haha, te estoy viendo, vaslle levar os cartos a sgae! :P

Roi Buligan dijo...

porque non lle pediches a Freddie Mercury versionando a Andrés Dobarro??? postos...

Anónimo dijo...

Manda carallo! Mira que esquecerte de Os Suaves... Nena, que son os reis do rock estatal, e ademáis son galegos, hehehe...