Este é un verán raro, no que chove, non nos damos desfeito das chaquetas, as sandalias quedan no armario e o galego oprime ao castelán.
Mentalízome para ser positiva, unha vez que o peor diagnóstico está confirmado. Agora toca dalo todo. E pregúntome se terei forza de abondo para enfrontarme ao que vén. Pero nin o sol se atreve a saír e apoiar, dar forzas. É complicado.
Nunca haberá días baleiros, só queda asumilo.



4 Non dis nada?:
un milleiro de apertas :)
aparte das apertas de opaco, Calidonia e demáis... no sei, aquí estamos, agardo q nos sintas.
Nom nos conhecemos pessoalmente, mas quando cada Mès ou assim sempre tenho tempo para ler o teu blog. Também temos conhecidos em comum, como todo o mundo em Santiago.
O mau e o bom de internet é essa imagem de cercania, mas que nom é completa. Assim que só podo mandar umha aperta digital e muito carinho.
mooooitos bicos! xa verás que todo vai saír ben!
Publicar un comentario en la entrada