27 de agosto de 2008

Ata onde?

O día 20 de agosto houbo un accidente aéreo que custou a vida a, de momento, 154 persoas. Se por algo se pode caracterizar esta traxedia é por unha circunstancia que ata o momento, non se dera, ou polo menos eu non a percibira con tanta rotundidade. Por unha banda, os medios de comunicación, todos, en maior ou menor medida, afanáronse en dar unha ampla cobertura do suceso, en tal profundidade que o propio espectador/lector considerouna excesiva, morbosa e irrespetuosa, tal e como fixo saber a través de múltiples canles en internet: comentarios nos xornais, blogs, etc.

Cal é o límite, pois? Como determinar o que é relevante e o que é secundario? Hai que evitar entrar nas traxedias persoais? Hai feitos que son evidentes, que son gratuítos e mesmo repulsivos. Pero no mesmo avión viaxaban, polo menos, unha redactora de El País e unha de Público, que tamén contribuíron con relatos exclusivamente emocionais.

Os xornais tamén puxeron as súas ferramentas 3.0 a funcionar. Mándanos fotos! Coñeces a algún dos pasaxeiros? Estás en Barajas? Algúns lectores síntense ofendidos. Tamén pola cantidade de imaxes de familiares que van chegando ao aeroporto, que son literalmente acosados polos reporteiros, que mostran caras de non comprender porqué non se paran a falar nos seus micrófonos, sen darse de conta que non se pode tratar igual a Belén Esteban que a alguén que non sabe se perdeu a un ou varios membros da súa familia.

É imposible trazar a liña de ata onde se pode chegar. Sesudos textos avalían isto, hai códigos deontolóxicos, protocolos etc., pero en todo caso, sempre queda na responsabilidade do xornalista e do editor do medio detectar o que é información do que é espectáculo gratuíto. Hoxe leo no País un comentario que critica a inclusión de fotos de familiares.

E aí xorde un debate. O primeiro é garantir o dereito á intimidade das familias e vítimas, e respectar a súa dor. Pero o feito de que non se publiquen imaxes desas vítimas tamén pode contribuír tamén a que non se lle dea a magnitude que ten, como recolle Escolar, director de Público.

Con isto, non estou a facer apoloxía nin da exhibición de imaxes de dor, nin moito menos, pero é un feito que a imaxe ten favorecido a apertura de debates sociais que doutro xeito terían pasado desapercibidos.

Evidentemente, esta é unha cuestión complicada. Pero cres que a repulsa e a crítica que están a facer os usuarios é adecuada? Cres que a cobertura dos medios foi irrespetuosa?

4 Non dis nada?:

MUSICAS DA ULLA dijo...

Hola dende MUSICAS DA ULLA...queremos felicitarte polo contido do teu blog, dá gusto ver que aínda hai xente que se dedica a isto de pensar.
Segue así e esperamos pronto a próxima entrada no blog.
Apertas veciña

gatina dijo...

Veo que regresaste de tus ¿vacaciones?
Ayer leí lo de la poesía. Pero esto me deja mucho más triste.
Vienes con las pilas puestas eh?
Sé que es complicado marcar límites. Pero creo que si el periodista/fotógrafo/presentador... fuese capaz de ponerse en el lugar de las víctimas o de sus familiares, sería mucho más fácil informar con todo el respeto hacia los afectados.


Besos.

Elianinha dijo...

Xa ando de volta das vacacións, claro.

Acaban tan pronto...

Con respecto ao de poñerse en lugar, creo que non é a actitude correcta, primeiro polo impacto emocional que supón ao xornalista/fotógrafo/etc., pero despois porque hai que ter a distancia suficiente para poder avaliar friamente os feitos e poder decidir entre o que é ou non relevante.

Apertas.

raúl dijo...

os medios dan asco... Son irrespetuosos sempre e con todo... puagh!