24 de noviembre de 2008

O Parque das Nações é un barrio de Lisboa que naceu a partir da celebración da Expo 98, aproveitando as instalacións para tal evento. Agora é a cara máis moderna dunha cidade cun peso enorme da tradición, repleto de edificios actuais, rañaceos que se foron erguendo a partir de 1998, e que agora dan forma ao novo bussiness center lisboeta. 

O metro chega a estación deseñada por Calatrava, un edificio espectacular (só pode recibir ese nome), que te leva ao centro da cidade. A liña Oriente que é a que chega á estación do Parque das Nações ten un tramo ao aire libre, que pasa por un barrio de chabolas, unha extensión de barracas que rodea a cidade de Lisboa. Xusto a seguir da estación Bela Vista, que ironía. 

Onte escoitaba a un lisboeta dicir que entre a cidade e a zona da Expo había un deserto. Para outros é todo un mundo. 

7 Non dis nada?:

LU dijo...

aaaaaaaaaaaaai, Lisboa...
muito bonita...

Cidade de contrastes, como sempre digo.

Beijinhos!

kefalay dijo...

Estiven en Lisboa por primeira vez este verán e sorprendeume en tódolos sentidos. Pasei pouco tempo alí e quero volver para coñecer máis a fondo os seus contrastes!

paideleo dijo...

Graciñas polo comentario !.

Adycto dijo...

A verdade é que lisboa é unha cidade ben fermosa....

Toño Randeeira dijo...

Lisboa, cidade de vida, o meu lugar favorito logo do recuncho da aldea que miña nai escolleu para me parir.
Bon ano novo.

A Conxurada dijo...

Teño unhas ganas de ir a Lisboa....pero desta semana santa non pasa, aínda que teña que ir soa.

Calidonia dijo...

..ehem...

Actualizar!

Ou facerlle un enterro digno, contra!