3 de abril de 2009

clock

clock-clock. Non.
clock. Pecho, pero só lle dou unha volta á chave.
Si, imos tomar un respiro, pero deixamos a porta aberta a un 'coming soon'. Problemas coa conexión, primeiro, e de cousas a contar, segundo, fanme que deixe en repouso este recuncho. Máis ben queda a levedar, para ver en que vai dando. E é que agora, o que quero dicir non podo, e o que podo tampouco é nada interesante.
Así que imos darlle unha volta á chave de xeito digno, non abandonalo, porque el tampouco o faría.
Outra cousa máis que queda polo camiño, en stand-by polo momento, neste ano. Estamos a priorizar, seica.

Unha aperta, e grazas por estares aí.

Ata pronto.

8 Non dis nada?:

Adycto dijo...

BEN que o sinto aínda que, ante unha situación como ista, o millor é despedirse e non deixalo abandonado (el nunca o faría). Espero que pronto recuperes o que che falta para seguir co blog. Unha aperta

Calidonia dijo...

Pois daquela haberá que sacarlle a súa visión a dentelladas.

Quer dicirse, que non lle imos trabar nos ollos, senón partillar consigo algunhas risas ou mordiscos.

Quer dicirse tomarlle uns viños, comendo e falando, que todo hai que explicalo, contra.

Até entón.

Odemo dijo...

Pois ficamos cá, atentos ao leitor de feeds. ;)

Anónimo dijo...

bah... preferiría a morte...

pandigo

Xosé Manuel Carreira dijo...

Volta de contado. Agardamos por ti.

Ra dijo...

Aquí seguimos esperando, Eli :)

Mua.

Tino/Tacho dijo...

Agardamoste. Recorda sempre: "Isto de que vai? Depende. Xa sabes que todo é tan relativo. Digamos que... experimentando. Elianinha trata de comprender un mundo que sempre xira demasiado rápido ou lento para ela."

Un pracer seguirte a ler!!

Lucia dijo...

Pensei que o meu blog fora olvidado, sería o normal, tras un ano desactualizado :)

O sábado vin a peli das Trece Rosas e emocionoume moitísimo, revolveume por dento todo, inspiroume...

Ultimamente ando moito no tema, pois Manolo regaloume o novo disco de Barricada, que é un libro sobre a guerra civil e en honor aos vencidos e esas historias olvidadas e nunca contadas. Moi bo disco.